Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Praza da Armada Española
Outra denominación do ben: Aduana Vella
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación construída en cantaría granítica, de planta irregular e composta de baixo e primeiro andar.
Na fachada principal podemos ver os ocos (porta de aceso e as xanelas) con arcos escarzanos, mentres que no primeiro andar os ocos son lintelados e con enreixado metálico.
A vivenda posúe dous escudos heráldicos que mostran as armas da familia Pazos Figueroa.

A edificación foi totalmente reformada nos anos 80 do século XX. Posúe un xardín anexo coas vistas cara ao río Miño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Concello de Tui: https://tui.gal/sites/default/files/documentos/09_catalogo_1_bens_firmado_parte_4.pdf (ficha 520)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.046940797667
Lonxitude: -8.6421917072891
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84