Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lalín
Parroquia: Goiás (San Miguel)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro situado no muro de peche da igrexa parroquial de Goiás (http://patrimoniogalego.net/index.php/114820/2022/10/igrexa-parroquial-de-san-miguel-de-goias/), obra do mestre canteiro Manuel González Perdiz no ano 1901.
Nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada da paso a un varal que ten a súa primeira metade en sección cadrada e o resto en sección cilíndrica.
Na sección cadrada podemos ler a seguinte inscrición:
” ERES
NUESTRA
UNICA
ESPERANZA
SANTA MISION
DE LOS
(¿LR?) FRAN
CISCANOS
EN
19 DE
MARZO
DE 1905″

Na sección cilíndrica aparecen tres imaxes relixiosas sobre peañas.
Un capitel de estilo corintio da paso á cruz, de sección cilíndrica, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Santa Verónica no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602414.html
LA IGLESIA ROMÁNICA DE SAN MIGUEL DE GOIÁS
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2017/07/san-miguel-de-goias-lalin.html#ANCLA4

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
REIMONDEZ PORTELA, Manuel. (1985). Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.680706167669
Lonxitude: -8.0912673196038
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84