
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Curtis
Parroquia: Curtis (Santaia)
Lugar: Santaia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina, cunha única nave cuberta de madeira que está dividida en tres tramos por arcos faxóns de medio punto situándose o coro no terzo máis preto ós pés. A ábsida preséntase cuberta por unha bóveda de canón con arcos de reforzo, o igual cas capelas laterais contrapostas que conforman os brazos laterais dun cruceiro que se cubre cunha bóveda de arestas sen nervaduras de reforzo. A sancristía atópase tralo altar e está recentemente reformada. Os muros son de cachatería ben executada con ocos recercados de cantaría e pilastras adousadas marcando ó exterior os arcos faxóns internos.
A fachada é de cantería cunha torre alta, que destaca con respecto á horizontalidade do edificio, con dous corpos superpostos, o primeiro cadrado e o segundo octogonal e cuberto cunha pequena cúpula. Estra torre levántase no frontis da fachada, no que se abre un rosetón que dá ó coro. A porta principal carece de decoración.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA018.PDF (Páx. 4).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.115058922458Lonxitude: -8.0461343927818
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84