Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: San Cristovo de Cea
Parroquia: Cea (San Cristovo)
Lugar: Cea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación relixiosa construída no ano 1908 en cantaría granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas, todos eles con pináculos nos extremos.
Na fachada principal podemos ver un muro conformado por tres panos. No medio unha porta de aceso lintelada e enmarcada. Os panos laterais presenta fiestras rectangulares.
O conxunto remata cunha esvelta espadana de dous ocos con cruz de pedra no cume.
Esta capela foi feita mediante suscripción popular segundo podemos ler nunha praca de mármore do interior do templo.
A capela da Virxe da Saleta substituíu a unha capela anterior consagrada a San Lourenzo.
No adro da capela podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/114876/2022/11/cruceiro-no-adro-da-capela-da-virxe-da-saleta/) e, no muro de peche do recinto, un peto de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/114880/2022/11/peto-de-animas-no-muro-de-peche-da-capela-da-virxe-da-saleta/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OURPA005.PDF (páxina 9)
https://www.concellodecea.com/web/es/historia-es
https://www.concellodecea.com/web/gl/alcaldes-cea-gl
https://www.concellodecea.com/web/gl/saleta-cea-gl
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.477109001595Lonxitude: -7.9886462217027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84