Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Nogueira de Ramuín / Ourense (comarca)
Parroquia: Armariz (San Cristovo)
Lugar: Pena Escrita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O topónimo desta zona “Pena Escrita” fai referencia a presenza dun gran penedo con gravados segundo comentan algúns maiores de Armariz. De momento non foi localizado e quizáis xa desapareceu. Nembargantes na área máis alta apareceron unhas rochas con cazoletas e o que poden considerarse podomorfos  ou coviñas unidas. Atopamos 3 na rocha inferior que parecen converxer no centro e outro gravado podomorfo e cazoleta na rocha superior adxacente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

As xentes do lugar chaman a zona Pena Escrita pola presenza dun gran penedo con gravados que de momento non foi localizado.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://adrianourense.wixsite.com/petroglifos/estacions-rupestres


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.374027046986
Lonxitude: -7.7192804332509
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84