Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Irixo
Parroquia: Dadín (San Pedro)
Lugar: Dadín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación relixiosa do século XVIII con engadidos posteriores como altar e a sancristía que foron construídos en 1833. A igrexa foi construída a base de cantaría granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular dunha soa nave, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. O edificio presenta pináculos de bola nos esquinais.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso enmarcada. Por riba dela unha xanela cadrada no medio dun frontón. O conxunto remata cunha espadana de dous ocos con cruz pétrea no cume.
Próximo á igrexa podemos ver tamén a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/114947/2022/11/reitoral-de-san-pedro-de-dadin/) e un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/114951/2022/11/cruceiro-de-dadin/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior da igrexa alberga un retablo maior pseudo gótico do ano 1833, coas imaxes de San Pedro, San Ramón Nonato, Santo Antón e Santa Bárbara, todas elas do século XVIII, e un San Roque do ano 1855.
O retablo lateral esquerdo, con columnas salomónicas, é do século XVIII, cunha imaxe de San Xosé.
O retablo lateral dereito, da mesma época que o anterio, ten unha imaxe da Virxe do século XIX.
O interior da igrexa existe tamén un peto de ánimas de talla popular.
Outros elementos a destacar son unha cruz procesional de prata do século XVIII e unha custodia da mesma data, varios cálices dos séculos XVIII e XIX e dúas coroas de prata.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/OIRIXO/documents/0530CA001.PDF (páxina 3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.500785935981Lonxitude: -8.1163412836206
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84