Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: O Incio / Sarria (comarca)
Parroquia: San Pedro do Incio
Lugar: Saa
Outra denominación do ben: Castro do Modorro Alto
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Situado a uns 550 metros de altitude, protexido polo río Cabe e o rego do Reboiro que discorre polo este, alonxado dos núcleos de poboación. De norte a sur ten unhas medidas de máis de 300 metros. A parte máis accesible é polo sur-oeste onde se aprecian unha sucesión de murallas e fosos. Na parte norte construíuse a igrexa, o cemiterio e a reitoral. No sur destaca unha croa duns 60 metros de diámetro (ao pé hai unha construción moderna). A especie de foso que se ve na segunda imaxe do relevo, que separa a parte norte (coñecida como Modorro de San Pedro) da sur (coñecida como Modorro Alto), é o camiño que se fixo para acceder á igrexa que partiu o castro en dous.

Nunha curta intervención realizada a finais dos anos sesenta do pasado século XX por Carlos García Martínez e Acuña Castroviejo nos restos dunha necrópole atoparon anacos cerámicos, din que galaico-romanos, e ósos humanos.

No comezo do camiño que sube ao Modorro Alto hai unha cruz en cuxo pé lese: “Los que pasais por aquí tened piedad de mi”.

Segundo a lenda hai enterrado un pucheiro de ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castros de Galicia (provincia de Lugo): onosopatrimonio.blogspot.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na parte norte construíuse a igrexa, o cemiterio e a reitoral. Na croa hai unha construción moderna.


Onde está localizado

Latitude:
Lonxitude:
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84