Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Paseo de Calvo Sotelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación relixiosa de estilo neoclásico feita en cantaría granítica, con planta de cruz latina con tres naves e cuberta a dúas augas.
A fachada principal amosa unha porta lintelada e pilastrada, un frontón curvo partido e unha fornela na parte central que gorece unha imaxe de Santo Antonio.
Por riba da porta vemos unha fiestra rectangular enmarcada.
O conxunto remata cunha pequena cruz no vértice do tellado e unha torre campanario de dous corpos con remate en cupulín situada nun dos laterais.
No interior destacan as bóvedas de canón na capela e nos brazos, e as bóvedas de crucería na nave. Tamén destaca a cúpula do cruceiro.
Esta igrexa formou parte do convento franciscano de Santo Antonio. Dende o ano 1850 todo o conxunto pasa a ser o Seminario Conciliar e, a partires do ano 1959, a sede do Seminario Menor Diocesano San Paio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior alberga un retablo maior, obra do ano 1741, de estilo barroco portugués e de factura anónima.
Tamén destacan os retablos laterais e o coro.
Existe tamén unha capela da Venerable Orden Tercera que data do ano 1777.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://tui.gal/sites/default/files/documentos/09_catalogo_1_bens_firmado_parte_3.pdf (ficha 349 – páxina 95)
https://tui.gal/gl/lugares/igrexa-de-san-francisco-iglesia-de-san-francisco-saint-franciss-churc
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/24794/igrexa-san-antonio-de-padua-do-convento-de-san-francisco-de-tui?langId=es_ES&tp=8&ctre=31
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.048289863584Lonxitude: -8.6439696811114
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84