Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Toén
Parroquia: Puga (San Mamede)
Lugar: A Travesiña
Outra denominación do ben: Torre de Puga // Torre de María // Casa de Abaixo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situada nunha pequena atalaia podemos ver esta torre datada entre os séculos XV-XVI construída en cantaría granítica.
O conxunto presenta unha torre de planta cadrada, hoxe parcialmente derruída. Posúe cornixa decorada e remates con pináculos de bolas.
Ao seu carón vemos unha serie de edificacións adxectivas, algunhas delas en ladrillo e de factura máis recente.
A propiedade atópase rodeada dun muro defensivo en moi mal estado de conservación.
Próximo a esta construción podemos ver o pazo do Olivar (http://patrimoniogalego.net/index.php/115139/2023/01/pazo-do-olivar/) co que garda relación e do que se sabe foi construído con parte do material pétreo da torre.
Segundo a bibliografía consultada, durante os seculos XV e XVI a torre pertenceu a Gonzalo de Puga cabaleiro soterrado na igrexa de San Francisco de Ourense (http://patrimoniogalego.net/index.php/37385/2013/03/igrexa-de-san-francisco-4/).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
A propiedade posúe varios escudos nobiliarios; un deles sobre unha das portas de aceso e na que aparecen as armas dos Puga.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O 28 de maio de 2024 este ben foi retirado da Lista vermella da web de Hispania Nostra.
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TOEN/documents/0499CA005.PDF (ficha 55 – páxina 20)
https://www.laregion.es/opinion/juan-andres-hervella/torre-de-puga-toen/20181121223407837549.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.323019654494Lonxitude: -8.0087369359862
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84