Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Ribeira
Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)
Lugar: O Pombal - Praza de Teruel
Outra denominación do ben: Cruceiro con peto da Virxe do Perpetuo Socorro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada, algúns deles parcialmente soterrados. A súa base cúbica da paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas na parte central. Nesa mesma parte podemos ver unha pequena capeliña feita en mármore e cunha pequena imaxe da Virxe do Carme no seu interior.
A continuación o capitel decorado con volutas, cabezas de anxos alados e caveiras con tibias cruzadas.
O conxunto remata cunha cruz de recente factura de sección cadrada e arestas rebaixadas na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso e a Virxe do Socorro co Neno no colo sobre unha imaxe do demo reverso. Polas faldras da Virxe gabea unha almiña.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/1507309.html
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
FERNÁNDEZDE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. IR INDO EDICIÓNS.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 cuceiros, fervenzas, miradores e outras vistas do Barbanza – Santa Uxía de Ribeira. (En liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15073/RIBEIRA.pdf)
REGUEIRA GONZÁLEZ, Domingo. (1986). Petroglifos, cruciformes, cruceros y petos de ánimas. Ed: Concello de Riveira (Delegación de Turismo).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.553100322349Lonxitude: -8.9896278662719
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84