Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Xende (San Paulo)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado que forma parte do muro do cemiterio.
Consta dunha serie de bloques de cantaría granítica que forman unha fornela con repisa, de sección cadrada e protexida por un enreixado metálico.
No interior podemos ver un retablo de madeira policromada na que aparecen as imaxes dun anxo sobre un fondo azul na parte superior, e cinco imaxes entre as lapas do Purgatorio na parte inferior; entre eles vemos un bispo coa súa mitra. Na repisa da fornela atópase o caixón con tampa metálica para as esmolas.
Por riba da fornela vemos unha pedro profusamente decorada con diferentes motivos: unha cruz, volutas e motivos vexetais. Nesta mesma zona existe tamén unha pequena fornela cun azulexo policromado que representa á Virxe do Carme.

Próximo a este peto podemos visitar tamén a igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/115288/2023/03/igrexa-parroquial-de-san-paulo-de-xende/), a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/115296/2023/03/reitoral-de-san-paulo-de-xende/), un cruceiro con baldaquino e, uns metros máis arriba, outro peto (http://patrimoniogalego.net/index.php/115305/2023/03/peto-de-animas-de-xende-ii/) e un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/115312/2023/03/cruceiro-ao-caron-do-peto-de-animas-de-xende-ii/), conformando un fermoso conxunto arquitectónico e etnográfico.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Tal e como podemos ler e ver no libro de Estanislao Fernández de la Cigoña (ver referencia bibliográfica), o retablo de madeira actual non é o orixinal.


Referencias bibliográficas:

REFERENCIA BIBLIOGRAFiCA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.387418530586
Lonxitude: -8.4184133154316
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84