Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: Santa Mariña de Celas
Lugar: Lugar O Petón. Monte do Castelo Grande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No cume dun bolo granítido de forma alongada, de dimensións aproximadas 2m de altura e 3m de lonxitude, e orientación leste-oeste, sitúanse diferentes cavidades. Unha delas, unha coviña duns 15cm de diámetro. Outra situada ao seu carón, unha coviña centrada nunha incisión cadrada, probablemente de recente factura, para o sostén dalgún tirante dos mástiles das torretas metálicas de comunicación situadas nas proximidades.

A primeira delas presenta un rebaixe que por caída natural verte augas cara outra cavidade de maiores dimensións e irregular, no lateral do penedo, considerada una formación natural da propia rocha.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase nun punto sensible, poidera verse afectada xa que está situada no medio dun entorno de casetas destiñadas ás comunicacións de radio e televisión, polo cal pode ser alterada por futuras obras.


Onde está localizado

Latitude: 43.232481999306
Lonxitude: -8.408809903313
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84