Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rianxo
Parroquia: Asados (Santa María)
Lugar: Asadelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica con escocia da paso a un varal de sección octogonal.
O capitel, decorado con volutas e cunchas nos esquinais e querubíns nos catro lados, soporta unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza de querubín no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
PXOM Concello de Rianxo (ficha C-034)
http://cruceirosdegalicia.xyz/150720205.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
PÉREZ GEI, Serafín Casiano e GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2014). Cruceiros e cruces de Santa maría de Asados (Rianxo). Actas do V Congreso Galego de Cruceiros. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 cruceiros, fervenzas, miradores e outras vistas do Barbanza (Rianxo). (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15072/RIANXO.pdf).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.678178778034
Lonxitude: -8.7889139000078
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84