Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: A Laracha
Parroquia: San Pedro de Soandres
Lugar: Monte de Santa Marta Coto de Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ao carón dunha das pistas do monte Xalo, próximo á separación das parroquias de Carral, Cerceda e Culleredo, atópase esta formación de granítica, denominada a Pedra de Santa Marta.

Recóllese no libro “Galicia Incógnita”, de Pedro Marfany Vilarassau (1995), (páxina 125), onde a fotografía permite comparar que na actualidade atópase enterrada 1 metro máis, polo que a silueta do conxunto é dificil de apreciar. Presenta dúas incisións situadas nos laterais da pena, á esquerda, unha en forma de cruz, e á dereita, outra de forma cuadrangular (esta de máis difícil visualización na actualidade).

Na fotografía “Galicia Incógnita”, podería semellar a unha silueta antropomorfa.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Itinerario bergantiñán do padre Sarmiento. María Leonor Alonso Otero. Deputación Provincial da Coruña, 1998 (páx. 53)

Monte Xalo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.226406130277
Lonxitude: -8.4425990618533
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84