Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Culleredo
Parroquia: Santa María de Celas
Lugar: Monte de Santa Marta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Nunha das pistas forestais dos Montes do Xalo aparece o nacemento do Río Anllóns, que tras discorrer polas ladeiras norte do Xalo continuará o seu paso por Carballo en dirección oeste ata desembocar, após de 60 km, no Océano Atlántico en Ponteceso, ao carón dos muros da casa natal de Eduardo Pondal.
O nacemento orixínase nas brañas situadas uns centos de metros atrás cara ó sur, nos terreos de turbeiras e enchoupados das partes altas do monte Xalo, as Brañas do Torreiro, para despois manar no cano da fonte xeolocalizada no presente artigo, e discorre costa abaixo nestes primeiros metros polas corredoiras de penedos graníticos, recollendo outros pequenos caudais procedentes de diferentes mananciais.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

O topónimo Anllóns, que lle dá nome ao río, podería provir de angulones, do latín “angulus”, que faría alusión aos meandros da súa desembocadura.(https://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Anll%C3%B3ns)

https://www.galiceando.com/es/montana/ficha.php?tab=Rios&ref=0650000017&name=Anllons

https://toponimia.xunta.gal/es/video/anllons-y-anllo-cuando-un-rio-forma-angulos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Dende o ano 2022 diversos colectivos (Ecoloxistas en Acción, Salvemos Barcia-Xalo https://www.barciaxalo.gal), están a loitar para incluir as Brañas do Torreiro no catálogo de humedais galegos, e acadar a protección contra a construción dunha Central Hidroelétrica en Meirama, aproveitando a insfraestrutura do lago de Meirama e a Central térmica pechada por Naturgy no ano 2020, e que suporía a completa alteración do entorno natural.

El plan de Capital Energy para Meirama: una hidroeléctrica de 380 millones y cinco años de obras

Proyecto hidroeléctrico en el lago de Meirama: la Xunta estudia una solicitud del presidente de Copasa

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2022/03/16/futura-central-reversible-as-encrobas-informacion-publica/0003_202203C16C1991.htm


Onde está localizado

Latitude: 43.227055
Lonxitude: -8.439347
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84