Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rianxo
Parroquia: Isorna (Santa María)
Lugar: Sestelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A continuación unha base cúbica de arestas rebaixadas na que aparece a seguinte lenda nas súas catro caras:
“1690
1885 MIJELA FERRO
POR JOSE”.

O varal, que nace en sección cadrada e continúa en octogonal posúe relevos da Paixón.
O capitel de sección troncopiramidal invertido posúe decoración de volutas e rostros de querubíns.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica e aspecto leñoso na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e unha Virxe no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://concelloderianxo.gal/pxom (ficha C-054)
http://cruceirosdegalicia.xyz/1507218.html
https://www.obaixoulla.gal/elementos/rianxo/elementos-relixiosos/cruceiro-dos-rivela

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2018). Cruceiros de anxiños II parte. IX Congreso galego de Cruceiros. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
LÓPEZ OTERO, María Luisa. (2003). Percorrendo Barbanza. Visitas polo patrimonio da mancomunidade de Arousa Norte. Libro I. Ed: Asociación artesá e etnográfica do Barbanza “O Faiado-2”.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 cruceiros, fervenzas, miradores e outras vistas do Barbanza (Rianxo). (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15072/RIANXO.pdf).

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.672050547791
Lonxitude: -8.7480870320838
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84