Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: A Lama (San Salvador)
Lugar: A Lama
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto de dúas edificacións unidas, construídas en cantaría granítica, de planta rectangular con baixo e primeiro andar, e cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta ocos lintelados. Unha gran solaina con balaustrada metálica corta por completo o primeiro andar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
O elemento máis destacado desta vivenda é o seu escudo heráldico de época barroca que podemos ver no interior dun frontón situado no centro da fachada principal. Segundo a bibliografía consultada, o escudo consta de: “tres troncos de árbores, baixo as cales se atopa un cabaleiro cun machado na man e a cabeza cortada na outra”.
Este mesmo tema o vemos repetido nunha casa situada na mesma praza (http://patrimoniogalego.net/index.php/115238/2023/04/casa-dos-contreras/).
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A planta baixa da edificación atópase por debaixo da liña da estrada, feito que seguramente ocurríu no momento da ampliación da mesma.
Onde está localizado
Latitude: 42.398022470024Lonxitude: -8.4416007098354
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84