Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: Xesta (San Bartolomeu)
Lugar: Xesta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do ano 1789 situado no adro da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/115762/2023/05/igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-de-xesta/).
Nace sobre 5 chanzos de sección cadrada.
A súa base de arestas rebaixadas posúe unha inscrición que reza: “1789 GOMEZ”.
A continuación o varal que comeza en sección cadrada e segue en cilíndrica. Na sección cadrada vemos o relevo dunha serpe, elementos da Paixón e unha Árbore da Vida.
O capitel está decorado con volutas, motivos vexetais e outros elementos relixiosos como unha custodia.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e unha caveira aos seus pés no anverso, e a Virxe que porta a figura do Neno (descabezado) nas mans, coroada por dous anxos e apoiada sobre unha peaña con forma de Demoño.

O cruceiro posúe un pequeno repousadoiro á altura dos chanzos.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360251001.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao. (2003). Presentamos a Esteban Gómez: escultor polas terras de Montes no século XVIII. A Pedreira, revista cultural e turística do Concello de A Lama. Ed: Concello de A Lama (en liña: https://concellodalama.com/a-pedreira-revista-anual/)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.387868274311
Lonxitude: -8.3816243630868
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84