Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Xesta (San Bartolomeu)
Lugar: Xesta
Outra denominación do ben: Peto de ánimas da igrexa de San Bartolomeu de Xesta
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo aberto feito con bloques de cantaría granítica. no cume vemos unha pequena cruz de pedra de sección romboidal.
Posúe dous ocos nos que aparecen o retablo e unha praca de mármore na que podemos ler a seguinte lenda:
“DEVOTOS
DE LAS
ANIMAS
Dvo A DOBARRO”.
O retablo, protexido cun cristal, mostra 4 almas entre as lapas do Purgatorio. Na parte superior aparece un pequeno Cristo na cruz.
Baixo o retablo unha pequena mesa posúe o peto para as esmolas. A tampa metálica contén unha lenda que hoxe non é posible ler pola ferruxe.
Ao carón deste peto podemos ver outro peto de ánimas máis (http://patrimoniogalego.net/index.php/115777/2023/05/peto-de-animas-de-xesta-ii/), a igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/115762/2023/05/igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-de-xesta/) e un cruceiro ((http://patrimoniogalego.net/index.php/115769/2023/05/cruceiro-do-adro-da-igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-de-xesta/) conformando un fermoso conxunto arquitectónico e etnográfico.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
http://www.xoanarcodavella.com/2013/04/petos-en-xende-lama.html
REFERENCIA BIBLIOGRAFiCA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.388070492313Lonxitude: -8.3820326376665
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84