Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Xesta (San Bartolomeu)
Lugar: Xesta
Outra denominación do ben: Peto esmoleiro de San Martiño de Porres e San Xudas Tadeo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado que semella de recente factura. Posúe teitume a dúas augas con cruz no cume.
Consta dunha fornela de sección cadrada protexida por un cristal con marco de alumnio. O interior alberga as imaxes de San Martiño de Porres e San Xudas Tadeo.
Por riba da fornela unha praca de mármore reza o seguinte:
“DEVOTOS DE
S. MARTIN Y S. JUDAS”.
Ao carón deste peto podemos ver outro peto de ánimas máis (http://patrimoniogalego.net/index.php/115773/2023/05/peto-de-animas-de-xesta-i/), a igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/115762/2023/05/igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-de-xesta/) e un cruceiro ((http://patrimoniogalego.net/index.php/115769/2023/05/cruceiro-do-adro-da-igrexa-parroquial-de-san-bartolomeu-de-xesta/) conformando un fermoso conxunto arquitectónico e etnográfico.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
http://www.xoanarcodavella.com/2013/04/petos-en-xende-lama.html
REFERENCIA BIBLIOGRAFiCA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.388081820531Lonxitude: -8.3820426633948
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84