Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mos
Parroquia: Mos (Santa Baia)
Lugar: A Gándara
Outra denominación do ben: Cruceiro esmoleiro do Santo Cristo da Gándara
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro do ano 1672 que nace sobre un pequeno chanzo de sección cadrada.
A súa base cúbica posúe diferentes inscricións como unha coroa e o ano da súa feitura nunha cara, e unha coroa coas iniciais “XXR” e “ORA PRO ME”. O resto das gravuras mostran relevos da Paixón de Cristo.
O varal, de sección octogonal, da paso a un capitel de sección cadrada con molduras e relevos con forma de cabeza nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz tipo latina na que vemos a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e unha pequena cabeza no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360330502.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. IR INDO Edicións..
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces e esmoleiros do Concello de Mos. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.203970041047
Lonxitude: -8.6024338301706
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84