Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: Xesta (San Bartolomeu)
Lugar: Liñares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe unha pequena praca que di:
“Donado por
Mario Pillado Piñeiro
y Esposa
18 – 7 – 1998”.
No varal, de sección cilíndrica, podemos ver unha imaxe de Santiago Apóstolo sobre unha peaña.
O capitel tipo corintio decorado con motivos vexetais da paso a unha cruz de sección cadrada e remates dos brazos florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans en oración no reverso.
Este cuceiro atópase ao carón da capela homónima (http://patrimoniogalego.net/index.php/115807/2023/05/capela-de-san-lourenzo-e-san-benito-de-linares/).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360251004.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.386144858854Lonxitude: -8.3925453764889
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84