Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Presqueira (San Martiño)
Lugar: Pena Coitela
Outra denominación do ben: Petróglifos de Campelos III
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Trala aparición dos petróglifos Campelos I e Campelos II gracias a José Paz, e tras a pertinente documentación por parte de Patrimonio, apareceron mais penedas con gravuras na zona. Como esta pedra que tamén sobresae pouco da rasante do terreo, na que podemos ver gravado un motivo circular, formado por dous sucos circulares concentricos, sendo o maior de un diámetro próximo a 25cm, tendo no centro unha coviña.
Dende a cazoleta central sae un suco que cruza os dous círculos e estirase en dirección sur uns 25cm mais. Dende a intersección de este suco e o circulo maior, sae outro suco con curvatura aberta cara poñente, rematado en coviña.
En dirección nordés ten unha cazoleta afastada uns cms do círculo maior.
A profundidade dos sucos que forman os círculos mais as canles, teñen unha fondura de 1,5cm e un ancho de 2cm aproximadamente.

A escasos metros aparece unha cruz de termo gravada nunha pedra, márcanos a liña divisoria entre as parroquias de Presqueira (San Martiño) e Ambía (San Estevo).


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Anque oficialmente non se coñecían (ata que ao parecer os atopou un veciño de Pontevedra que acudiu o balneario de Molgas), a xente do pobo xa coñecía a maioría de eles, pois por esa zona adoitaban andar coas vacas no monte, sen prestarlle moito interese.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/01/17/0003_8232062.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Polas obras do AVE, o movemento de terra anda moi preto.


Onde está localizado

Latitude: 42.219353
Lonxitude: -7.690489
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84