Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: O Freixo de Sabardes (San Xoán)
Lugar: Cernadas (Alto da Mina)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa situada a uns 150 metros de altitude nun rechán de ladeira orientado ao leste nos montes da aldea de Cernadas. O lugar está nomeado no catastro cos microtopónimos “Alto da Mina” e “Chan das Mamas”. Pola súa banda oeste transcorre o camiño xacobeo que vai de Muros a Santiago. O diámetro do seu túmulo sería duns 12 m. Presenta cono de profanación e restos de couraza pétrea, a súa altura acadaría ata 1 m. con respecto ao terreo da contorna. A uns 90 metros ao sur hai outra mámoa de características moi parellas. A uns 400 m ao nordés está o dolmen e os petróglifos de Fontemoureira.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.795786344285
Lonxitude: -8.9575274761531
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84