Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Negreira
Parroquia: Landeira (Santo Estevo)
Lugar: Landeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1892 que nace sobre tres chanzos cilíndricos, un deles parcialmente soterrado. A súa base presenta unha parte cúbica e outra con escocia. Na primeira delas podemos ler parte da súa inscrición que di:
“… HABANEROS AÑO DE 1892…”.

O varal comeza cun tramo en seccion cadrada con molduras e segue coas arestas rebaixadas.
No seu capitel, decorado con volutas e motivos vexetais, podemos ver diferentes imaxes: unha Custodia, unha copa coa Forma Consagrada e dous rostros de querubíns.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe cubeta co manto e aoiada sobre unha peaña no reverso. Dita peaña amosa a imaxe dunha ave dando de beber a súa propia sangue.

Segundo se recolle na bibliografía consultada: “este cruceiro fue realizado por dos autores: Xosé Castro (armazón del cruceiro) y Manuel Cés (Tállara), que se encargó de las figuras.
Y tuvo un coste de 89 duros. (Datos facilitados por Silvia Mariño)”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
PXOM CONCELLO DE NEGREIRA – https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA004.PDF (nº 68 – páxina 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/150561001.html

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
CARDESO LIÑARES, José. (2000). El arte en el Valle de Barcala. Ed:FEIRACO FUNDACIÓN.

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.946263377328
Lonxitude: -8.8193623945615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84