Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Miño
Parroquia: Carantoña (San Xiao).
Lugar: Chao de Carantoña.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, situada no municipio de Miño (“Municipio de Interese Turístico”). Presenta planta rectangular onde se inscriben tres tramos correspondentes á nave, presbiterio e sancristía. No interior o espazo intermedio entre a nave e o presbiterio está delimitado por un arco de ingreso de medio punto. Destaca a pila bautismal pétrea de características arcaicas. No exterior a decoración concéntrase na fachada principal onde nun eixe vertical central se superpoñen a porta de acceso, un pequeno van rectangular e, rompendo a cornixa, unha espadaña de dobre corpo, no primeiro aparecen tres machóns que dan paso aos ocos das campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25160/igrexa-de-san-xulian-de-carantona?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.367255003379
Lonxitude: -8.1670314073563
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84