Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Gomesende
Parroquia: O Val (Santa María)
Lugar: O Val
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas que podemos ver na fachada principal do antigo albergue de peregrinos do Santuario da Nosa Señora do Val (http://patrimoniogalego.net/index.php/116152/2023/09/antigo-albergue-de-peregrinos-do-santuario-da-nosa-senora-do-val/).
Consta dunha fornela enmarcada e que sobresae do muro. No seu interior podemos ver o burato para introducir as esmolas na pedra que forma a base do peto.
Aínda que non coñecemos a súa datación, a antiga construción onde se atopa posúe unha inscrición que di o seguinte:
“ESTAS OBRAS CRECIE CON LI
MOSNA. AÑO 1703”.
Ao carón do peto podemos ver tamén un cruceiro de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/116171/2023/09/cruceiro-de-animas-do-antigo-albergue-de-peregrinos-do-santuario-da-nosa-senora-do-val/).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. Ir Indo.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.208377288499Lonxitude: -8.1087800477218
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84