Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilarmaior
Parroquia: Vilarmaior (San Pedro)
Lugar: Lugar Pena Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio construido no século XVIII en planta de cruz latina e coa sancristía anexa ao muro septentrional da cabeceira. A cuberta é a dúas augas na nave central, nas naves laterais e na sancristía, con cubrición de tella curva do país. Os muros son de cachotería revestidos e pintados de branco. No seu interior a nave cúbrese cunha bóveda de canón rebaixada, mentres ca ábsida e as capelas laterais presentan un sinxelo falso teito. Os espazos da nave e a ábsida están delimitados por un arco triunfal apoiado sobre pilastras, do mesmo modo que dous arcos, das mesmas características, dan paso ás capelas laterais. A fachada, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha un van rectangular que serve para dar luz ó coro interior. Rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos flanqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las dúas campás. O segundo corpo sobre cornixa, un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto central, franqueado por dous pináculos con bóla. Remata o conxunto cun pináculo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/VILARMAIOR/documents/25883CA011.pdf (Páx. 1).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.347087396165Lonxitude: -8.1454115117786
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84