Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vilalba
Parroquia: San Simón da Costa (San Simón)
Lugar: Bodán
Outra denominación do ben: Pedra do Altar
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado preto do pazo (http://patrimoniogalego.net/index.php/114688/2022/09/pazo-de-bodan/) e da capela de Bodán uo de San Roque (http://patrimoniogalego.net/index.php/114689/2022/09/capela-de-san-roque-28/) existe un pequeno outeiro pétreo. Na súa parte superior plana podemos ver dúas pías (unha delas cunha profundidade de case 50 cm.) unidas por unha canle. A pía máis profunda posúe un surco de saída que verque no borde da rocha.

Vázquez Seijas o describe así:
“Na finca denominada Cerca de Bodán existe unha curiosa pena de 4,35 metros de longo, 2 de ancho e 2,60 na parte superior, encabalgada sobre outra de 1,10 metros de alto. Na parte máis alta hai unha pía de 37 por 30 cm, cunha canle que comunica con outra máis baixa pero maior que ten na súa base 60 por 38 cm, ensanchándose na parte superior; por riba desta hai dúas coviñas. Un pouco máis abaixo hai outra pía de 37 por 32 cm con canle de saída, e á súa dereita unha pegada na que encaixa bastante ben a man dunha persoa. A continuación, despois dun espazo libre, ten un corte a xeito de escalón, que só ocupa os dous terzos do ancho da pedra, cun banzo de 17 cm de alto. Todas as circunstancia que amosa a pena, coñecida co nome de Pena de Bodán, fainos pensar que nos atopamos diante dun altar de sacrificios da época céltica”.

Dende aquí o meu agradecemento ao compañeiro Xabier Moure por esta última aportación bibliográfica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mamoas-de-galizagalicia-provincia-de.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia.
VÁZQUEZ SEIJAS, Manuel. (1947). Riquezas megalíticas en tierras de Villalba. Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.372327802247
Lonxitude: -7.6158778062767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84