Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Muras
Parroquia: Muras (San Pedro)
Lugar: Muras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Igrexa construída a finais do século XVII parece que sobre un templo anterior do século XII. De planta de cruz latina enmarcada nun rectángulo, fabricada con cachotería de lousa e granito nos arcos e partes nobres, con cuberta de lousa. Consta de tres naves separadas por arcos de medio punto que arrancan de piares rectangulares. Fachada con porta circular que corresponde a cada unha das naves, coroada por un frontón recto cunha pequena campá de 1889 fundida por Antonio Blanco Palacios en Mondoñedo. A torre do campanario -que data de 1846- atópase situada a uns 25 metros da igrexa, sendo de planta cadrada, de tres corpos, de estilo barroco que ten pendurada 2 campás; a maior de 1890 e a menor de 1864 fundidas en Mondoñedo. No interior do templo destaca a inscrición dun dos muros que fai referencia á súa data de reconstrución en 1678, así como o retablo maior do século XVIII, e outros dous retablos do século XVII e XVIII, con esculturas de diferente época.
Alberga no seu interior unha cruz de prata de comezos do século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5590/igrexa-de-san-pedro-de-muras.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.467729106199
Lonxitude: -7.7234235800982
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84