Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Boimorto
Parroquia: Corneda (San Pedro)
Lugar: Corneda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ten unha soa nave con sancristía lateral e os muros de pedra revogada. A cuberta é a dúas augas. A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada e sobre o ingreso vai un óculo central, Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha pequena espadana dun único corpo, flanqueado por dous pináculos. Esta espadana está formada por un arco de medio punto que descansa sobre dous piares moldurados. O arco remata nunha forma triangular coroada por unha cruz pétrea franqueada por uns pináculos moldurados con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/BOIMORTO/documents/26032CA012.PDF (Páx. 2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.983853895331
Lonxitude: -8.0692581758644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84