Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Forcarei
Parroquia: Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
Lugar: Alfonsín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
Cruceiro situado fronte á igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/26968/2012/10/igrexa-parroquial-de-santa-marina-de-presqueiras/) que nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas. O seu varal é de sección octogonal que, no seu útimo tramo, presenta unhas finas acanaladuras.
O seu capitel cúbico decorado con volutas da paso a unha cruz tipo latina de sección cadrada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso. O conxunto complétase cunha mesa repousadoiro.
Segundo se recolle na biliografía consultada, “Basa, fuste e capitel datan dos séculos XVII-XVIII. Cruz, imáxenes e mesa datan do século XX.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3601809.html
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ROZADOS, Francisco. Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no concello de Forcarei. (en liña: http://www.cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/36/36018/CruceirosCrucesPetosEMonumentosFunerariosNoConcelloDeForareiAutorFranciscoRozadosRochi.pdf)
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel. (1985). Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.512927135021Lonxitude: -8.3391946007736
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84