Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Lama
Parroquia: Covelo (San Sebastián)
Lugar: Laxedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación relixiosa construída en cantaría granítica, con planta rectangular dunha soa nave e ábside semicircular. Posúe cuberta a dúas augas agás na ábside que é a catro augas.
A fachada principal, con pilastras nos laterais, podemos ver unha porta de aceso enmarcada, con arco dе medio punto e fronstispicio. Por riba dela un reloxo de agullas de recente factura
O conxunto remata cunha espadana de dous ocos.
No muro exterior da ábside existe unha inscrición pouco lexible no que figura o ano da súa construción: “1734”.
No adro da igrexa podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/116858/2024/06/cruceiro-no-adro-da-igrexa-parroquial-de-san-sebastian-de-covelo/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior da igrexa alberga un retablo do século XVIII, unha pila bautismal de época románica, e unha cruz procesional de prata, obra do célebre orfebre Jorge Cedeira.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ALAMA/documents/0813CA002.PDF (ficha 12 – páxina 12)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.423771600409Lonxitude: -8.4107384046845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84