Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Lama
Parroquia: Covelo (San Sebastián)
Lugar: Laxedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No adro da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/116853/2024/06/igrexa-parroquial-de-san-sebastian-de-covelo/) podemos ver este cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada con escocia.
A súa base cúbica posúe diversos relevos de tipo floral.
A continuación o varal de sección cilíndrica da paso a un capitel tipo corintio con motivos vexetais, volutas e caras de anxos nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe da Piedade apoiada sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://cruceirosdegalicia.xyz/3602505.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.42364755933
Lonxitude: -8.4108153299183
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84