
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Covelo (San Sebastián)
Lugar: A Gateira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Peto de ánimas con forma de capela que podemos ver formando parte dun muro de peche privado.
O conxunto posúe unha repisa sobre a que se apoia a fornela protexida cun enreixado metálico, arco trilobulado e molduras nas columnas laterais.
No interior vemos unha imaxe de San Francisco co Neno no colo xunto a catro ánimas no Purgatorio.
O peto remata cunha cruz de sección cilíndrica.
Na parte baixa do peto existe unha praca coa seguinte lenda: “AÑO 1923 M.P.I.”
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIA WEB
http://www.xoanarcodavella.com/2014/01/peto-de-gateira-covelo.html
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.427275636872Lonxitude: -8.4004889186899
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84