Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: A Lama
Parroquia: Covelo (San Sebastián)
Lugar: Laxedo
Outra denominación do ben: Cruceiro e peto de ánimas de Malbar
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Conxunto escultórico do ano 1763 formado por un cruceiro e un peto de ánimas.
O cruceiro nace sobre unha plataforma de sección cadrada que continúa con dous chanzos. Na parte superior, protexido por un enreixado metálico, vemos o cruceiro que nace dunha base cúbica con moldura superior e inscricións nos catro lados.
O varal divídese en dúas partes: a metade inferior, de sección cilíndrica, posúe dúas imaxes que nos mostran por un lado a Adán e Eva coa árbore do Coñecemento (do ano 1849 segundo reza unha inscrición), e a imaxe de San Sebastián; a metade superior, de sección cilíndrica.
A continuación o capitel decorado con motivos vexetais, volutas, imaxes humanas en tres dos seus lados, e unha custodia no lado restante.
A cruz, de sección cilíndrica, posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e acompañado dun freire nun dos seus lados no averso, e a Virxe con coroa, anxos alados no tramo horizontal da cruz e apoiada sobre unha peaña con forma de cabeza e de media lúa.
Xunto ao cruceiro vemos tamén un peto de ánimas formado dunha fornela con arco de medio punto. No interior vemos unha imxe dun freire acompañado de tres almiñas sobre o lume do Purgatorio, dúas delas collendo o cordón do hábito da imaxe superior.
O cruceiro foi mandado construir por Domingo Antonio Malbar, e foi realizado polo mestre canteiro Esteban Gómez Fontela.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3602503.html
http://www.xoanarcodavella.com/2013/09/cruceiro-e-peto-de-covelo.html
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao e LOIRA DE TRESALDEAS, Félix. (2002). Buscando a González atopámomos con Gómez: Esteban Gómez Fontela e Manuel González Perdíz, dous santeiros destacados do seu tempo. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.42280941339Lonxitude: -8.4127968509196
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84