Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Forcarei
Parroquia: Forcarei (San Martiño)
Lugar: Praza da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de finais do século XIX realizado por Xosé Ferreiro Martínez, veciño da parroquia de Quireza.
Nace sobre unha plataforma de sección octogonal. A súa base cúbica contén varias imaxes de querubíns nas arestas da mesma sostendo a parte que soporta o comezo do varal.
O varal posúe unha primeira parte en sección cadrada con relevos e segue en sección cilíndrica con estrías.
A media altura do varal vemos unha imaxe feminina sen rostro e que semella estar bailando
O capitel, decorado con motivos vexetais e cabezas de anxos nos catro lados da paso a unha cruz de sección cilíndrica con nos na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxiño descabezado cun cálice na man recollendo o sangue no anverso; no reverso a imaxe da Virxe con coroa e en posición de oración apoiada nunha peaña con forma de dúas cabezas de anxos, acompañada de dous anxos máis nos brazos laterais da cruz.
Ata os anos oitenta do século pasado o cruceiro se localizaba no medio da praza da igrexa.
Ao seu carón podemos visitar tamén a igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/116802/2024/09/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-forcarei/).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Segundo a bibliografía consultada, “o escultor tallou a figura do varal en homenaxe a unha súa amante”. (véxase artigo web de Carlos Solla).
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360180401.html
https://pontevedraviva.com/opinion/6772/xose-ferreiro-martinez-egrexio-labrante-quireza-outeiro-montes
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ROZADOS, Francisco. Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no concello de Forcarei” (en liña en: http://www.cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/36/36018/CruceirosCrucesPetosEMonumentosFunerariosNoConcelloDeForareiAutorFranciscoRozadosRochi.pdf)
LAREDO VERDEJO, José M.(1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel (1985). Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Unha limpeza con auga a presión degradou o cruceiro de forma visible.
Onde está localizado
Latitude: 42.591744763796Lonxitude: -8.3505683202796
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84