Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Valadares (Santo André)
Lugar: San Xoán - A Porteliña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela de orixe románica con reformas e ampliacións posteriores, construída en cantaría granítica, de planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta unha porta de aceso con arco de medio punto e doelas marcadas. Nos laterais dúas bufardas horizontais.
O conxunto remata cunha pequena espadana dun so oco con cruz florenzada de remate.

Na ábsida podemos ver uns canzorros, restos da súa orixe románica.
A primeira documentación coñecida onde se rexistra a existencia da capela é do ano 1694.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“Os veciños contan que o marqués de Valadares visitaba esta capela con regularidade montado a caballo para rezar”
Sobre a imaxe venerada nesta capela existe a lenda que “asegura que a figura do santo foi levada ao barrio por unha veciña do lugar de Seoane que casou no Freixo”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://xmu.vigo.org/docs/2021_REVISON_PXOM/PXOM_AI_WEB/INDEX.html (ficha AR.28.002)

La capilla de San Xoan do Freixo

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
LUNA, Aránzazu e NAVAZA, Gonzalo. Toponimia do Val do Fragoso. Valadares 8. Ed: Area de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. (en liña: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2022-07/toponimia-valadares.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.185918359265
Lonxitude: -8.7491803756947
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84