Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Forcarei
Parroquia: Pardesoa (Santiago)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección cadrada, os dous superiores con escocia. A súa base cúbica posúe unnha pequena mesa nun dos seus lados.
O varal de sección cadrada con estrías da paso a un capitel troncopiramidal invertido no que aparecen pequenas volutas nos esquinais.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que figuran as imaxes de Cristo crucificado no anverso e a Virxe no reverso.
Todas as partes do cruceiro son dos séculos XVII e XVIII agás a cruz que é do século XX.

Ao seu carón podemos ver un palco de música (https://patrimoniogalego.net/index.php/117068/2024/11/palco-da-musica-no-adro-parroquial-de-santiago-de-pardesoa/)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
REIMÓNDEZ PORTELA, Manuel. (1985). Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
ROZADOS, Francisco “Rochi”. Cruceiros, cruces, petos e monumentos funerarios no concello de Forcarei. (en liña: http://www.cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/36/36018/CruceirosCrucesPetosEMonumentosFunerariosNoConcelloDeForareiAutorFranciscoRozadosRochi.pdf

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360180801.html

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.51827189714
Lonxitude: -8.310462103298
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84