Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Guitiriz
Parroquia: Lagostelle (San Xoán)
Lugar: Guitiriz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación de inicios do século XX construída en cachotaría, cos panos revocados e pintados en branco, agás os esquinais e os ocos que son de cantaría granítica. Posúe planta rectangular, con soto, baixo e primeiro andar, e cuberta de lousa a tres augas.
A fachada principal presenta un pano simétrico con ocos que posúen arcos conopiais.
Sobre o lintel da porta principal podemos ler a seguinte lenda: “Grupo Escolar “Guitiriz y su comarca””.
No ano 2007 o edificio foi rehabilitado e pasou a funcionar como centro cívico e oficina de información ao consumidor.

O conxunto foi mandado construir coa doazón da sociedade mutualista e instrutiva “Guitiriz y su comarca” fundada en Cuba no ano 1911.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM GUITIRIZ ANO 2020 (Ficha 2.3-27)

http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.180438553223
Lonxitude: -7.8913995980364
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84