Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Lagostelle (San Xoán)
Lugar: Pardiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Complexo formado por varias construcións inauguradas o 7 de outubro de 1955, todas elas feitas en pedra granítica.
O edificio principal, onde se atopa a fonte de augas medicinais, posúe planta rectangular e cuberta a catro augas.
No seu interior existe unha fonte dun so cano cunha figura de peixe sobre ela que verque as augas sulfuro fluoradas a uns 13º e cun caudal aproximado de 5 l/m. Estas augas foron declaradas de Utilidade Pública no ano 1951.
O segundo edificio (segunda fotografía desta ficha) corresponde á cafetería do balneario, hoxe sen uso.
O balneario e as súas construcións adxectivas foron construídas e explotadas por Domingo Cabarcos Llanez ao volver emigrado de Cuba.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
PXOM Guitiriz (ficha 3.4 – 04)
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/guitiriz/2020/10/12/65-anos-guitiriz-vivia-grande-apertura-balneario-pardinas/00031602530630984616331.htm
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2021/01/balneario-de-pardinas-guitiriz.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.189876403283Lonxitude: -7.9232230842203
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84