
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Neda
Parroquia: Neda (Santa María)
Lugar: Neda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina, con tres corpos rectangulares engadidos, dous ós muros do presbiterio e un terceiro situado no muro meridional da nave. Esta última está dividida en tres treitos: os dous primeiros rectangulares e un terceiro, o correspondente ó cruceiro, cuadrangular. Os muros son de carga e presentan unha cuberta realizada a diferentes augas, segundo cada un dos corpos, con cubrición de tella curva do país.
Interiormente, un arco triunfal de medio punto delimita os espazos da nave e o presbiterio, do mesmo xeito que uns arcos semellantes a este dan acceso ás pequenas capelas laterais.
O exterior, o edificio presenta un xogo volumétrico no que se ven diferenciados cada un dos seus corpos. Os muros, con excepción do correspondente á fachada principal, presentan un revoco de cemento branqueado, agás os esquinais e recercados de ocos. A decoración concéntrase na fachada principal, de características inscritas no barroco final e que xa presentan un certo sabor a neoclásico. A fachada presenta un sistema pentagonal, con esquinais en resalte e cornixa lixeiramente voada e rematada en pináculos. Está dividida en tres panos, os dous laterais revocados e pintados de branco, mentres que no central se superpoñen unha porta rectangular moldurada, un oco octogonal, unha fornela e unha esvelta torre campanario. Esta última parte dunha base cuadrangular, que interrompe o eixo central da cornixa e posúe unha decoración de aplacados que baixan polo muro. Posúe dous corpos: un primeiro composto por catro machóns que dan lugar ós ocos onde se acubillan as campás, mentres que o segundo está formado por unha sinxela cúpula sobre tambor. O campanario, xunto coa distribución xeral en panos que posúe a fachada, acentúa o efecto de horizontalidade, que se mestura coa simetría xeral que se desprende do conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: Arquitecturas da provincia da Coruña: Ares, Fene, Mugardos, Narón e Neda. Volume VIII. Comarca de Ferrol I. Deputación provincial da Coruña, 1997.
– https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/NEDA/documents/0242CA003.PDF (Páx. 2).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.504380662754Lonxitude: -8.1544280353203
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




