
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Silleda
Parroquia: Chapa (San Cibrao)
Lugar: Capela de San Brais
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fonte situada ao pé da capela de San Brais. A auga sae dun cano debaixo dun pequeno arco semicircular irregular a modo de pontella.
O 3 de febreiro, o día despois da Candeloria, cadra o San Brais, santo taumaturgo avogoso para as doenzas da gorxa desde que curou a un neno que morría afogado pola espiña dun peixe que tiña espetada na gorxa.
A auga da Virxe da Fonte está fortemente asociada a prácticas de ritos milagreiros e curativos para tratala doenza infantil do anganido (anemia, raquitismo …). O ritual consistía primeiramente en lavar na fonte ao neno ou a nena, o domingo anterior a San Brais. Logo, tirábase a camisa con que se bañara polo regueiro. Finalmente levábase ao/a doente á capela onde se celebraba a segunda parte do rito, que consistía en tocar á santa para sanar.
O anganido tamén é coñecido como: asombramento, enganido, anghenido, entangariñado, inguinio, arangaño, tangaraño …
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
A lenda cóntanos que un ermitán localizou dentro da fonte unha virxe de pedra (de aí o topónimo). Logo deste achado, construíu unha capela xunto ao desaparecido hospital de peregrinos, moi próxima ao río Toxa. A actual capela de San Brais foi edificada no século XVIII.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel informativo do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.722866331745Lonxitude: -8.3039198833691
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




