
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Alfoz
Parroquia: Lagoa (San Vicenzo)
Lugar: Cedeirido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A ermida de Santiago foi edificada por Alonso Canoura a finais do século XVI. Consta dunha nave cuberta de madeira a dúas augas, sólida bóveda de canón e pequenas xanelas abocinadas. No ano 1739 fanlle obras de reforma e reedificación. Xa naquel tempo era coñecida como a capela de Santiago de Cedeirido.
Na fachada principal hai un pórtico con tres grandes arcos de medio punto sobre os que hai unha espadana dun só corpo e un só van rematado con cruz e bólas. Sobre a porta principal aparece un escudo con cruz templaria e con armas de Fonseca.
O retablo maior é de estilo barroco e posúe motivos moi interesantes como un relevo sobre o sagrario que representa o martirio de San Bartolomeu atado nunha árbore, ao que están esfolando dous homes, un branco e un negro. No primeiro corpo leva un relevo de Santo Andrés Apóstolo e, no segundo corpo, leva no seu centro un alto relevo da Piedade e, enriba, a imaxe de Santiago a cabalo con dúas figuras embaixo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel sinaléptico do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.51059064664Lonxitude: -7.4556221894039
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84