
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Alfoz
Parroquia: Carballido (San Sebastián)
Lugar: Lugar do Adro, 3.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Foi rematada totalmente no ano 1793 e costeada na súa maior parte polo cóengo de Mondoñedo Santomé e Aguiar. Consta dunha nave, cruceiro, capela maior e dúas sancristías aos lados desta. A nave e brazos do cruceiro están cubertos con sinxelo artesoado. O centro do cruceiro leva madeirame máis moderno e capela maior posúe bóveda de arestas. A porta exterior leva lintel cos seus extremos curvados, enriba do cal hai unha pequena placa conmemorativa da construción do templo.
No presbiterio aparece unha bóveda na que se observan catro paneis de pintura do século XIX e que representan a glorificación de San Sebastián, O Bo Pastor, Xesús e a Samaritana e o Agnus Dei. O retablo é neoclásico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Panel sinaléptico do lugar.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.530472466303Lonxitude: -7.3983272675768
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84