Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Alfoz
Parroquia: Lagoa (San Vicente)
Lugar: Lugar da Pinguela.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Foi construída no século XVIII e consta dunha nave con cruceiro, capela maior e dúas sancristías a ámbolos dous lados desta; Unha torre de dous corpos con balaustrada de pedra, bólas e pequena cúpula semiesférica de remate e un pórche sostido por catro pilastras de pedra arrimado ao muro dereito da nave. Todo o templo está cuberto con sinxelo artesoado de madeira. A fachada principal leva porta alintelada sobre a que levanta unha gran xanela e, no alto, a imaxe de pedra de San Vivente.
No presbiterio atópase un fermoso retablo maior barroco con grande influencia rococó de dous corpos, policromado e dourado. No brazo dereito do cruceiro, hai un retablo neoclásico do século XIX de orde composta, xaspeado e dourado; tres fornelas e un só corpo; catro columnas ricamente esculpidas; frontón e raios. Ao seu carón, aparece un retablo popular do século XVIII con dous corpos con tonalidades vermellas, verdes e talla dourada e, no brazo esquerdo, un retablo neoclásico do século XIX semellante ao anterior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel sinaléptico do lugar.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.521972398512
Lonxitude: -7.4470948917125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84