Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Alfoz
Parroquia: Alfoz (San Pedro de Mor)
Lugar: Lugar da Igrexa.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Consta dunha nave, cruceiro máis estreito, capela maior e sancristía detrás. Na porta principal lese unha inscrición que fai referencia á reconstrución de templo no ano 1906. No centro da fachada elévase unha airosa torre de dous corpos. Dúas portas laterais con linteis aparecen en ámbolos dous muros da nave.
No presbiterio atopamos un retablo moderno que alberga a figura de San Pedro pintada ao óleo do século XVII; no brazo dereito do cruceiro, un primitivo retablo do século XVII, de estilo renacentista popular con dous corpos, pintado e dourado. No brazo esquerdo hai un retablo de estilo rococó de dous corpos realizado en madeira sen policromía. No banco, un nicho con Cristo xacente con brazos articulados de influencia popular de principios de século XVII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel sinaléptico do lugar.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.525153221628
Lonxitude: -7.4216777467703
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84