Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilariño de Conso
Parroquia: Santo André de Pradoalvar
Lugar: Pradoalvar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Mentres vas facendo o camiño, a mole do Castelo de Cerveira, que sube ata os 1527 metros de altitude, marca o horizonte, agrandándose pouco a pouco. Segundo parece, o nome técnico do lugar é nunatak, unha fraga enorme que o circo glaciar que cubría esa zona non puido mover pero comeu todos os seus laterais ata formar unha pirámide natural que lembra a picos como o Matterhorn. A subida final, como dicía, é dura e, segundo subes, un vaise facendo a idea de que o lugar ten certa maxia, ou grandeza, que é difícil de explicar sen vivilo.
O alto, batido todo o ano por ventos inmisericordes, está coroado por unha cerca de pedra arruinada, e con restos evidentes dalgunhas contrucións interiores. E aquí reside o misterio. O lugar non precisa ningunha defensa, pois o lugar máis doado para subir é inviable para cabalerías e extremadamente difícil para alguén armado. Pero tampouco é un lugar viable para vivir, polo menos durante nove ou dez meses ao ano (e moito pero na antiguidade). Entón, por qué a muralla? De que época é? Como non hai ningunha investigación seria sobre o asunto podemos aventurar, xa que non a época, polo menos a súa función. Tense dito que puido ser un castro romano de explotación aurífera… Podería ser, pero vexo innecesario un muro alá arriba, como xa dixen. Entón, onde aparece un muro de circunvalación sen que teña necesidade defensiva? Dá o mesmo a época, pero ese tipo de muros sempre circunvalan un lugar sagrado, un templo, un cemiterio… Dende logo, se alguén no pasado quería estar perto do ceo, este é o lugar preciso. Ademais, como xa dixen, é un lugar imposible para vivir. A auga queda abaixo de todo, e baixar e subir a por ela é unha locura. Igualmente, o gasto de leña para quentarse alá arriba, tendo en conta que é a serra e case non a hai, é unha dificultade máis. Pero se alí vivisen uns homes santos, aínda eu so fose durante certas épocas do ano, tendo como “proba” (semellante a certos templos budistas ou ortodoxos, como o monte Athos) o feito de pasar unha tempada alí dependendo dos peregrinos ou visitantes, poderiamos aventurar que o lugar tivo unha importancia enorme a nivel sagrado. Case poderiamos dicir que estamos ante un dos lugares santos máis importantes do noroeste. E mentres non haxa unha escavación alí, pouco máis podo dicir (e, sinceramente, unha escavación arqueolóxica alí…, habería que vela, pero sería do máis duro que podían botar enriba). En fin, un lugar máxico que case prefiro que non o toquen xamais, nin arqueólogos, nin domingueiros, nin naves estafadoras do misterio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.197876382245
Lonxitude: -7.3088693618774
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84