Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Gudiña
Parroquia: San Lourenzo
Lugar: San Lourenzo de Pentes
Outra denominación do ben: igrexa de san lourenzo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena igrexa dunha soa nave a dúas augas con tellado de pizarra rematada nun presbiterio un pouco máis alto a catro augas, encalada. A fachada é sinxela, cunha porta grande e arquitrabada con grandes doelas e rematada cunha espadana ben mensurada con dous ocos para as campás nun corpo cadrado debaixo doutro corpo triangular cun oco e rematado cunha cruz de pedra entre dous pináculos piramidais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai unha lenda que conta que cando o pobo quixo facer unha igrexa, como non había moito espazo e a xente non se puña dacordo, acordaron xunguir unha xunta de bois e deixalos soltos. Onde parasen os bois a pastar, alí se faría a igrexa. E alí se fixo, como a 200 metros da aldea.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.996844571706
Lonxitude: -7.2143147211082
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84