
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Os Blancos
Parroquia: San Cibrao de Nocedo
Lugar: Nocedo da Ribeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Impresionante ermida nun punto alto enriba da aldea de Nocedo e que ten unha orixe claramente románica e, incluso, con aproveitamento de sillares de orixe romano. Ten a característica espadana pequena posta nun lateral, como varias capelas pola Limia, e ten ademais unha nave moi longa a dúas augas cun presbiterio máis estreito e baixo. A fachada é un cabido aberto só na fronte e o interior, ben coidado. conserva unhas pinturas que ben poderían ser baixomedievais. Unha xoia.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.99091626767Lonxitude: -7.7010726928711
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 14, 2025
Engado as seguintes referencias web desta capela tamén chamada da Nosa Señora da Asunción:
http://www.altalimia.org/pdf/020086.pdf
http://www.xoanarcodavella.com/2021/09/capela-das-fontelas-as-fontelas-nocedo.html